martes, 24 de mayo de 2016

Día das letras galegas: Manuel María

Este ano, os alumnos do club, decidimos elaborar uns marcapáxinas para celebrar o día das letras galegas, dedicado este ano a Manuel María. Para realizalos, empregamos material de todo tipo: cartulinas, lapis de cores, rotuladores, cordóns, lazos… Aquí deixámosvos un avance de como van quedar os nosos marcapáginas…






jueves, 5 de mayo de 2016

8ª Reunion "Grupo Merlín e familia"

O 2 de maio foi unha xornada moi especial para os membros do “Grupo Merlín e familia”. Recibimos a visita dunha boa amiga do cluBiblioneme e da nosa Biblioteca, Rita Más Ibañez.

Polifacética e con grandes inquedanzas, Rita pode ser considerada unha humanista do noso tempo. Estudiou Artes Gráficas, Publicidade e Marketing, posúe unha importante formación en fotografía e cinematografía e colabora como articulista en diversos xornais.

Na súa faceta máis literaria destaca como analista, ainda que o seu traballo cos libros non se limita a esta actividade ou a súa paixón pola lectura. É unha gran coñecedora do libro, do seu formato, da ilustración. A isto debemos engadir a súa faceta como poeta.

Ofreciunos unha conferencia sobre literatura e cine. Dúas actividades que coñece moi ben, pois exerciu como docente na Escola Galega das Artes da Imaxe e imparte obradoiros e conferencias sobre esta temática.

Despois de ilustranos sobre a relación entre estas dúas artes e o paso dunha obra literaria ao cine, atendiu as numerosas intervención dos membros do grupo.

A conversa foi acompañada por unha exquista merenda.

Moitas grazas Rita!

Esperámoste noutra ocasión para seguir aprendendo contigo.