jueves, 24 de diciembre de 2015

Bo nadal!

Desde o club de lectura desexámosvos un Bo nadal.
Vémonos pronto no noso club de lectura.




"Para viaxar lonxe non hai mellor nave que un libro"
Emily Dickinson

domingo, 20 de diciembre de 2015

Un paseo pola historia

Os nosos alumnos demostraron que son uns profesionais e o día 18 no Pazo da Cultura de Carballo representaron a obra “Un paseo pola historia”.
Eles gozaron moito e fixéronnolo pasar moi ben.
As nosas felicitacións mozos!


martes, 15 de diciembre de 2015

3ª Reunión Grupo "Merlín e Familia"

O 14 de decembro o Grupo "Melín e familia" reuniuse para comentar a obra de A. Christie, Dez negriños.



Con esta obra, fundamental na literatura detectivesca, conmemoramos o 125 aniversario do nacemento da autora.

A vindeira xuntanza será o 18 de xaneiro, ás 18:45 horas, e a lectura seleccionada polo grupo é O club da calceta de María Reimóndez. 


Día dos dereitos humanos

Con motivo do día dos Dereitos Humanos decidimos observar o libro ilustrado, A Historia de Erika que narra a historia dunha sobrevivente do Holocausto que rememora o tráxico destino do que se librou cando tiña tan só uns meses de vida. É un libro que nos emocionou a todos profes e alumnos.





domingo, 6 de diciembre de 2015

2ª reunión do grupo “Merlín e familia”

Entre as actividades desenvolvidas durante o primeiro trimestre do curso, Clubiblioneme centra o seu labor de dinamización no teatro. Así, o Grupo “Merlín e familia” adicoulle a xuntanza do 23 de novembro a un excelente autor teatral, H. Ibsen, e a súa obra, Casa de bonecas. A súa temática rupturista, a evolución dos persoaxes, o papel da muller ou o reflexo da sociedade da época foron algúns dos aspectos comentados.




A lectura desta obra, ademais de resultar unha experiencia interesante e gratificante, iniciou un camiño que nos levará a coñecer outras obras deste xénero.

Nora.- (…) Creo ante todo que son un ser humano, igual ca ti…ou, polo menos o debo intentar (…)
(Acto terceiro.- Casa de bonecas)

Os membros do grupo quedaron emplazados para  a seguinte xuntanza,  o luns 14 de decembro. Nesta reunión analizaremos a obra A.Christie Dez negriños.